Os netos de Eloy
Contra 1930 Eloy Domínguez Veiga era un dos máis importantes empresarios do azulexo en España, cunha produción de vinte e catro millóns de pezas e máis de cincocentos traballadores. Gran parte da produción exportábase a área do Caribe e sur dos Estados Unidos. Moitas vivendas de California, Florida, Cuba e México revestíanse cos azulexos das fábricas do empresario guardés. A expansión empresarial vai completarse en 1934 coa adquisición en San Vicent del Raspeig (Alicante) dunha fábrica de cerámica que dedicará á fabricación de tellas e ladrillos.
No mes de xullo de 1936 Eloy Domínguez estaba de vacacións na Guarda. O comezo da Guerra Civil Española (1936-1939) e a pronta aliñación do territorio galego cos rebeldes, fixo que quedara illado da súa empresa, con todos os seus centros produtivos situados na zona fiel á legalidade da República Española. O empresario intentaría retomar a produción en Galicia, pero a súa solicitude para arrendar en 1938 a fábrica “Cerámicas La Caeyra” (vid. ficha 446) non prosperaría. Rematada a guerra, Domínguez acometerá a recuperación das fábricas levantinas e decidirá establecer unha nova fábrica de cerámica en Galicia.
Coa axuda de Ramón Diéguez Carlés, o dono da “Cerámica Celta” de Pontecesures (vid. ficha 390) terá en 1941 redactado o proxecto técnico para instalar en Catoira unha industria de fabricación de azulexos e pezas similares de pasta de porcelana. Solicitará tamén autorización para construír unha rampla embarcadoiro para o servizo da fábrica.
As dificultades da posguerra española farán que non poda comezar a fabricación ata o ano 1947, e que non poda rematar as instalacións fabrís ata finais de 1949. Na cheminea figuraría a inscrición de 1950. A nova empresa xirará co nome “Cerámica Domínguez del Noroeste, S.A.” (CEDONOSA) e rexistrará a marca comercial “Ely” para comercializar os seus produtos. Ao mesmo tempo, Domínguez agrupará as súas fábricas levantinas baixo a razón social “Cerámica Domínguez de Levante, S.A.” (CEDOLESA).
Eloy Domínguez Veiga morrería no mes de xuño de 1959. O seu fillo maior, Manuel Domínguez López, vai quedar ao fronte da fábrica de Catoira, mentres os outros dous o farán nas fábricas levantinas, Eloy en Manises e Celestino en Onda. A fábrica de Catoira vai especializarse na fabricación de gres (pasta de caolín cocida ata a vitrificación, uns 1.200 ?C) para tubaxes, mosaicos e refractarios, malia que fabricará tamén ladrillo e tellas.
A forte demanda que arrancara no decenio de 1960 e medrara nas décadas seguintes, fará que a comezos da década de 1990 se traslade a fabricación de material refractario para a industria cerámica e a industria siderúrxica a unha nova fábrica que se instala no polígono industrial de A Ran, en Cuntis. A finais dese mesmo decenio, a planta sería adquirida pola multinacional francesa “Imerys Kiln Furniture
No ano 2004 o grupo empresarial abre unha nova planta en Andorra (Teruel), baixo a razón social “Ferrogrés, S.L.”, pero xa no mes de febreiro do 2009, arrastrada pola crise da construción, abandonaba a produción e despedía aos 28 empregados. A caída levaría tamén por diante a fábrica de Catoira, que despedía no mes de marzo (tamén do 2009) aos seus 85 empregados.
Na imaxen Manuel, Maria Dolores e Jose Carlos, fillos de Marita e Manolo Dominguez o que durante tanto tempo mantuvo a empresa heredada do seu pai, de Eloy. Cedonosa, en Catoira
Date of the photo
Log in to leave a comment here

I'M INTERESTED
If you are interested in acquiring this image from PHOTTIC we will let it's owner know and he/she will get in touch with you.
The data provided will be send between you and Phottic is no responsible for such content or for the use that can be done
*To show your interest to the photo’s owner you must be logued

SOCIAL NETWORKS