Fillo de Manolo o de Cortegada
O tío do meu pai Pepe Ramos Crespo, fillo de Manuel Ramos Cea e Carmen Crespo Rivas; e neto de Roque Ramos e Mercedes Cea, residentes na Illa de Cortegada. Estes versos forman parte dun libriño de catro páxinas que leva por título "Carril y yo" (adicado a sua Nai, a Virxe de Cortegada, ó Apóstolo Santiago, ós meus, a tódolos meus conveciños e o pobo dos meus amores) do cal teño un orixinal gardado coma ouro en pano. Pepe Ramos ten na Arxentina os seus fillos Pilar, Josefa, Teresa e Jesús Antonio, este último estivo recentemente entre nós, logo de 45 anos sin ver Galicia. Coma curiosidade direi que o tío Pepe que era moi mañoso, fixo na Arxentina unha reproducción da Virxe de Cortegada (cariña de boneca, corpo de cartón e traxe bordado en ouro) e que anos máis tarde regalou a miña aboa Lola cando ésta foi aló en barco a visitar á familia, as dúas cruzaron o Atlántico facéndose compañía, durante moitos anos e aínda agora a xente da miña familia pensa que é a orixinal, cando a verdadeira está moi ben gardadiña onde sabemos nós. *No apartado chegaron por correo electrónico e logo lembrando a Pepe Ramos podedes ver un fragmento do libro. Grazas
Comentario por Inma García Bouzas (05-10-2009 23:57)
Date of the photo
Log in to leave a comment here

I'M INTERESTED
If you are interested in acquiring this image from PHOTTIC we will let it's owner know and he/she will get in touch with you.
The data provided will be send between you and Phottic is no responsible for such content or for the use that can be done
*To show your interest to the photo’s owner you must be logued

SOCIAL NETWORKS