Telefono Publico
Nesta foto estou eu, con 2 aniños na casa onde vivín ata os 21, na Lomba. Nese momento a taberna estaba aberta e viviamos na parte de atrás, de feito a foto é no pasillo da casa e vese perfectamente a parte de dentro do mostrador da taberna. Na foto falo por teléfono problablemente coa miña tía, que vivía xa en Ibiza, máis adiante ese teléfono se convertiría no único medio de comunicación cos meus pais, que marcharon tamén a traballar a Ibiza cando eu tiña 6 anos e, tanto meu irmán, con 4 anos, coma eu, quedamos ao cargo dos nosos avós. O teléfono era “teléfono público” e os emigrados en Alemaña, Suíza ou Francia chamaban á nosa casa para falar coas súas familias. Facían unha primeira chamada para que avisaramos aos familiares, miña avoa ía á casa a avisarlles ou mandaba recado por alguén nun rato, volvían a chamar. A foto pode datar do ano 82.
Texto de Maria de la O Fernandez
Date of the photo
Log in to leave a comment here

I'M INTERESTED
If you are interested in acquiring this image from PHOTTIC we will let it's owner know and he/she will get in touch with you.
The data provided will be send between you and Phottic is no responsible for such content or for the use that can be done
*To show your interest to the photo’s owner you must be logued

SOCIAL NETWORKS