As aventuras do Zeppelentín
Un globo que incendiou Malveiras e un subarmiño foron dúas das invencións dunha Orde irrepetible, nacida nos 70
SERXIO GONZÁLEZ a Voz de Galicia colaboracion co Faiado
06/02/2010
Din os que disto saben que a Orden del Zeppelentín naceu aló por decembro de 1969. Inspirados no taller e nas inquedanzas mecánicas do señor Valentín Viqueira, un grupo de mozos liderados por Manuel Reigada e afeccionados a frecuentar as noites do bar Central, deron en constituír na Vilagarcía daqueles anos unha fenomenal Orde de Cabalería. O seu moi digno cometido consistía en empregar o seu tempo de verán, non en desfacer entortos, senón en darlle ao caletre para montar finas enleadas e inventos merecentes dos mellores enxeños daquel doutor Franz de Copenhague que ilustraba as páxinas do TBO .
A etimoloxía da simpar organización responde a unha sinxela ecuación: Zeppelín (que seica sobrevoara a ría de Arousa nos anos 30) + Valentín = Zeppelentín. Axiña acometeron os zeppelintinianos a primeira das súas empresas: construír e facer voar, precisamente, un zeppelentín . A data escollida foi o 22 de agosto de 1970. De boa mañá, ducias de homes, mulleres, nenos e algunha señora embarcan en Carril con destino ás Malveiras. Alí agarda, na rampa de lanzamento , o artefacto aeronáutico, de tremenda estampa e inigualable tronío.
Cando todo está presto para brindar polo trunfo, o aparello comeza a arder. O lume esténdese por monte e toxos ata rodear o mítico cruceiro da illa grande. O persoal marcha a fume de carozo mentres o incendio medra. Supoñemos que o delito terá prescrito nestes case trinta anos. Mais por se algún Sherlock Holmes quere investigar pola súa conta, aí vai o enderezo do blog do Faiado, no que pode ollarse un completísimo vídeo sobre a azarosa xornada: www.blogoteca.com/ofaiadodamemoria/. Lonxe de arredarse diante do destino icárico do zeppelentín , os membros da súa Orde teiman, ano tras ano, en argallar novas invencións: o submarinentín , botado tamén en Malveiras e afundido con honras a carón do Club de Mar; o tanquerrentín , un tanque co seu correspondente armamento construído sobre un Gordini que custara 5.000 pesetas e deu baixado a costa de Lobeira; unhas solemnes xustas medievais no pazo de Oca, con torneo a lombos de bicicletas incluído; e a última fazaña, unha catapulta que lanzaba globos de auga. En 1974 a Orde disgrégase, aínda que Carlos Morales consigue reunir damas e cabaleiros en dúas ocasións máis. E este ano... quen sabe.
Na imaxen Paulino Mouriño e a sua dona xunto a Celestino Silva nunha festa da Orden dos Zeppelentinos no Galloufa en Carril
Date of the photo
Log in to leave a comment here

I'M INTERESTED
If you are interested in acquiring this image from PHOTTIC we will let it's owner know and he/she will get in touch with you.
The data provided will be send between you and Phottic is no responsible for such content or for the use that can be done
*To show your interest to the photo’s owner you must be logued

SOCIAL NETWORKS